Generic selectors
Exact matches only
Search in title
Search in content
Post Type Selectors
Unha vez chegados a Santiago e tras venerar os restos do Apóstolo, moitos peregrinos deciden emprender a súa viaxe a Muxía e ao cabo Fisterra (coñecido como 'Finis terrae'), lugares simbólicos situados na tradicional Costa da Morte. Unha zona que recibe este nome polo seu perigo, xa que esta costa foi testemuña de multitude de naufraxios ao longo da historia.

De orixe pagano, o Cabo Fisterra era considerado como o último bastión do mundo ata finais da Idade Media, onde os prerromanos, abraiados polo impresionante ocaso do sol sobre o océano, aseguraban que as ánimas ascendían ó ceo dende alí.

En homenaxe aos milagros do astro rey, según a tradición, nos arredores deste lugar se levantaba o altar de culto ao sol, ‘Ara Solis’, moi vencellado aos antigos ritos de fecundidade. Un altar que, pola súa orixe pagana, foi arrasado polo Apóstolo mediante un asolagamento que tamén acabou co poblado de Dugium.

Conta a lenda que tan só dous bois acadaron escapar de tal destrucción, pero que Santiago os converteu en pedra como castigo, formando o que hoxe coñécese como ‘Bois de Gures’.

Tamén se di que o Apóstolo levantou no mesmo lugar de culto pagano a ermita de San Guillermo, agora desaparecida.

Foi a partir do século XII cando se cristianizou esta zona e o seu Camiño, unindo o Códice Calixtino coa tradición xacobea. A isto súmase o feito de que nos dous lugares hai dous dos puntos relixiosos máis famosos de Galicia: o santuario da Virxe da Barca, de Muxía, e o Santo Cristo de Fisterra.

Esta cristianización do Camiño ven precedida por multitude de lendas relixiosas que contan desde o encontro de Santiago coa Virxe María nos confíns do mundo, cuxa memoria queda reflexada no santuario da Virxe da Barca de Muxía, ata o mito do traslado dos restos do Apóstolo, cuxa historia transcorre entre a desaparecida cidade romana de Dugium, preto de Fisterra, e a ponte sobre o río Tambre, preto de Negreira.

A única ruta que ten orixe en Santiago, durante séculos a percorreron moitos peregrinos, moitos deles ilustres, pero é nos anos 90 cando está documentada e recoñecida pola Xunta de Galicia como un dos Camiños oficiais.

Para chegar a Fin do Mundo, cuxo itinerario relixioso apunta ao camiño que marca a Vía Láctea, pódese ir por dúas rutas diferentes que coinciden con Olveiroa. Dende este lugar, o peregrino pode dirixirse a Fisterra por Corcubión, completando seis etapas, ou directamente a Muxía, sumando un total de cinco. En calquera caso, na última ruta terás que camiñar entre ambas vilas e o destino estará máis alá delas, sendo o obxectivo final o Cabo de Fisterra ou o Santuario da Virxe da Barca de Muxía.
GAL